Fasciola hepatica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
}}
 
A '''''Fasciola hepatica''''' é unha [[especie]] de verme [[platihelminto]] [[trematodo]] da [[clase (bioloxía)|subclase]] ''[[Digenea]]'', caracterizado pola súa forma lanceolada, con dúas ventosas, unha bucal e outra ventral, e un ciclo biolóxico con dúas xeracións (dixéneo) en dous [[hóspede]]s, un deles un [[gasterópodo|molusco gasterópodo]] anfibio e o outro un [[mamífero]]. Parasita os canais biliares e a [[vesícula biliar]] de [[herbívoro]]s e [[omnívoro]]s, incluíndo o [[home]]. É o axente causal dunha das [[parasitose]]s máis difundidas do gando, a chamada [[fasciolíase]] (ou fasciolose) e popularmente faixa<ref name=Monog>Pedro Benavente Jareño, Xesús Ferro Ruibal. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún. 2010. 978-84-453-4948-9. [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=313] versión [http://www.cirp.es/pub/docs/frase/vaca.pdf en pdf]</ref>, que se considera unha das [[parasitose|enfermidades parasitarias]] máis importantes do mundo que afecta aos [[ruminante]]s domésticos, estendida por todo o mundo e con importantes repercusións económicas.
 
A presentación de dita doenza varía notablemente segundo as rexións xeográficas, dependendo de factores como o desenvolvemento agrícola, carencias [[nutrición|nutricionais]], micro e macro [[clima]] do medio, volume e altura dos [[pasto (ganadería)|pastos]], estado [[sistema inmunitario|inmunitario]] e nutritivo do hóspede definitivo e intermediario, número de [[ovo (bioloxía)|ovos]] e [[larva]]s infestantes no ambiente, etc.