A metacercaria é a forma infectante para o home e para os demais animais que serven de hóspede definitivo. Xeralmente están enquistadas na vexetación acuática semimergullada que normalmente comen os animais, e ás veces o home. Tamén se adquire a infección tomando augas contaminadas.
Ao chegarchegaren ao [[duodeno]] desenquístanse liberando un parasito xuvenil que perfora a parede intestinal e nunhas 3 horas, alóxase na cavidade [[peritoneo|peritoneal]] onde pasa de 3 a 16 días; posteriormente avanza polo peritoneo, chega á [[cápsula de Glisson]], perfóraa, penetra no [[fígado|parénquima hepático]] do cal se alimentan os parasitos xuvenís durante a súa migración cara os [[vesícula biliar|condutos biliares]] onde se desenvolve ata o estado adulto, o que ocorre nuns dous meses; despois empezará a producir ovos que saen ao exterior coa [[bile]] e materias fecais, completando así o ciclo biolóxico.