Fasciola hepatica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
O [[tegumento]] dálle protección. A superficie do tegumento é moi pregada e invaxinada, o que aumenta a superficie para a absorción e intercambio co hóspede, e presenta numerosas espiñas.
 
O aparato dixestivo de ''Fasciola hepatica'' é incompleto, formado por unha cavidade bucal pequena que continúa cunha [[farinxe]], e [[esófago]] que se bifurca formando dúas ramas laterais, as cales se dirixen cara á porción posterior do corpo do verme, para terminar en cegos [[intestinalintestino|intestinais]] moi dendríticos.
 
É [[hermafrodita]]. O [[útero]] é curto. Os diversos compoñentes do ovo xúntanse no segmento proximal do útero; as células vitelinas son abondosas, en forma de acios de uvas e distribuídas por todas as porcións laterais; delas despréndense [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] vitelóxenos que conteñen [[proliferol]] e [[proteína]]s. O [[ovario]] está situado á dereita da liña media, nunha posición anterior con respecto aos dous [[testículo]]s, un detrás do outro, moi ramificados e situados nos dous terzos anteriores do corpo.