Hipoderma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 16 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1164665
Liña 1:
[[Ficheiro:Skin.jpgpng|miniatura|350px|Sección da pel que mostra as súas capas. O subcutis indica o hipoderma.]]
O '''hipoderma'''<ref>Dicionario da Real Academia Galega - Hipoderma [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=hipoderma]</ref> é a capa máis profunda do sistema tegumentario dos [[vertebrado]]s, situada debaixo da [[derme]] <ref>Mosby’s Medical, Nursing and Allied Health Dictionary, Fourth Edition, Mosby-Year Book 1994, pp. 998, 774, 1497</ref>. Ás veces utilízase para referirse a el o termo "tecido subcutáneo", que é anatomicamente máis impreciso e máis inexacto. O hipoderma consiste principalmente en [[tecido conxuntivo]] laxo e lóbulos de graxa. As súas fibras [[coláxeno|coláxenas]] e elásticas discorren principalmente paralelas á superficie da pel, continúanse coas da derme e conectan coas estrutruras máis profundas; son numerosas na planta dos pés e palmas das mans, onde fixan fortemente a pel ás estruturas inferiores, pero noutras zonas do corpo a cantidade de fibras é menor. Contén vasos sanguíneos máis grandes ca os da derme e nervios. Os tipos de células que se encontran no hipoderma son [[fibroblasto]]s, [[adipocito]]s, e [[macrófago]]s. <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 565. ISBN 84-7605-361-4.</ref> A función do hipoderma é principalmente protectora e de almacenamento de graxa.