Derme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Ficheiro:Epidermis-delimited.JPG|miniatura|dereita|300px|Epiderme e derme da pel.]]
[[Ficheiro:EpidermisPainted.svg|miniatura|dereita|Esquema das zonas da pel. A. Epiderme. B. Zona de solapamento entre a epiderme e a derme papilar debido á presenza das papilas dérmicas da derme papilar que ascenden ata a epiderme. C. Derme reticular.]]
[[Ficheiro:Skin.jpgpng|miniatura|dereita|Pel humana.]]
 
A '''derme''' ou '''derma''' é a segunda capa da [[pel]] situada debaixo da [[epiderme]]. Está entre a epiderme e o [[tecido subcutáneo]], que é un [[tecido conectivo]] que amortece o corpo das tensión mecánicas. A derme dá á pel as súas características consistencia e resistencia. Divídese en dúas rexións, a mais superficial, adxacente á epiderme, denomínase derme papilar, e a máís profunda e grosa é a derme reticular. <ref name="Andrews">James, William; Berger, Timothy; Elston, Dirk (2005). ''Andrews' Diseases of the Skin: Clinical Dermatology'' (10th ed.). Saunders. Pages 1, 11–12. ISBN 0-7216-2921-0.</ref> A derme está estreitamente unida á epiderme por medio dunha [[membrana basal]]. Os compoñentes estruturais da derme son o [[coláxeno]], [[fibra elástica|fibras elásticas]], e matriz extrafibrilar (antes chamada substancia fundamental). <ref name="Lookingbill">Marks, James G; Miller, Jeffery (2006). ''Lookingbill and Marks' Principles of Dermatology'' (4th ed.). Elsevier Inc. Page 8–9. ISBN 1-4160-3185-5.</ref> Tamén contén [[mecanorreceptor]]es que perciben as sensacións de tacto e calor, [[folículo ploso|folículos pilosos]], [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]], [[glándula sebácea|glándulas sebáceas]], [[glándula apócrina|glándulas apócrinas]], [[vaso linfático|vasos linfáticos]] e [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]]. Os seus vasos sanguíneos proporcionan nutrientes e eliminan os refugallos procedentes das células dérmicas e epidérmicas (aínda que non entran na epiderme).