Treboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Orixe: *sobe>sube
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 15:
'''Nacemento''': as correntes ascendentes de ar levan á formación de [[cumulonimbo]]s. Xorden as primeiras cargas de auga, mais aínda non se producen os lóstregos. Na parte alta da nube o proceso de crecemento de cristais de xeo comeza a producir grandes partículas de precipitación.
 
'''Maturidade''': o crecemento vertical atinxe o seu máximo e os cumes das nubes fican achatados coa forma característica dunha bigorna. Normalmente isto dáse cando o ar ascendente encontra unha inversión de temperatura estábel (por exemplo, o ar máis quente da [[tropopausa]]). Os ventos predominantes en altitude comezan a espallar [[cirroCirrus|cirros]]s a partir do topo das nubes. As bases dianteiras fican máis baixas e os lóstregos comezan a aparecer en toda a extensión das nubes. No interior das nubes a turbulencia é intensa e irregular, con equilibrio entre correntes ascendentes e descendentes. O peso das partículas de precipitación xa é suficiente para contrariar as correntes ascendentes e comezan a caer, arrastrando o ar en volta consigo. A medida que as partículas de precipitación caen nas rexións máis quentes da nube, hai ar seco do ambiente que entra na nube e pode orixinar a evaporación desas partículas. A evaporación enfríaarrefría o ar, tornándoo máis denso e "pesado". É todo este ar frío que cae a través da nube coa precipitación que forma a corrente descendente de ar que, cando bate na superficie se pode espallar, formando unha fronte de raxada que vai deslocando e substituíndo o ar máis quente da superficie. Nesta fase a treboada produce ventos fortes, lóstregos e precipitación forte.
 
'''Disipación''': as nubes comézanse a espallar para os lados, en camadas. E as correntes frías descendentes tórnanse predominantes. O ar frío substitúe o ar mais quente da superficie, desligando os movementos ascendentes dentro da treboada. Nesta fase xa só hai correntes descendentes fracas e fraca precipitación. Sobran apenas moitos [[altostrato]]s e [[cirrostrato]]s que poden até contribuír, coa súa sombra, para diminuír o quecemento da superficie.