Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎A política exterior: Reino de Macedonia
Durante estes anos, a crise en que se ve sumido o [[califato abasí]], principal inimigo do Imperio en Oriente, debilita considerabelmente a ofensiva islámica. Con todo, os novos Estados [[musulmáns]] que xurdiron como resultado da disolución do califato (principalmente os [[aglabí]]s do Norte de África e os [[fatimí]]s de Exipto, loitaron duramente contra os bizantinos pola supremacía no Mediterráneo oriental. Ao longo do século IX, os musulmáns arrebataron definitivamente Sicilia ao Imperio. [[illa de Creta|Creta]] xa fora conquistada polos árabes en 824. O [[século X]] foi unha época de importantes ofensivas contra o Islam, que permitiron recuperar territorios perdidos moitos séculos antes: [[Nicéforo Focas]] (963-969) reconquistou o norte de Siria, incluíndo a cidade de Antioquía (969), así como as illas de Creta (961) e [[Chipre]] (965).
 
O grande inimigo occidental do Imperio durante esta etapa foi o Estado búlgaro. Convertida ao cristianismo a mediados do século IX, Bulgaria alcanzou o seu apoxeo en tempos do tsar [[Simeón I de Bulgaria|Simeón]] (893-927), educado en Constantinopla. Desde 896 o Imperio estivo obrigado a pagar un tributo a Bulgaria, e, en 913, Simeón estivo a piques de atacar a capital. Á morte deste monarca, en 927, o seu reino comprendía boa parte de [[MacedoniaReino históricade Macedonia|Macedonia]] e de [[Tracia]], xunto con [[Serbia]] e [[Albania]]. O poder de Bulgaria foi con todo declinando durante o século X, e, a principios do século seguinte, [[Basilio II]] (976-1025), chamado ''Bulgaróctonos'' ("matador de búlgaros") invadiu Bulgaria e anexionouna ao Imperio, dividíndoa en catro ''themata''.
 
[[Ficheiro:Map Byzantine Empire 1025-gl.svg|centro|800px|O Imperio Bizantino á morte de Basilio II]]
100.481

edicións