Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia antiga: Reino de Macedonia
Liña 155:
O excesivo poder de [[Esparta]] afastou ao goberno de Rodas desta potencia, e entón achegouse a Atenas, pero en [[-371]] logo da [[batalla de Leuctra]], aliouse con [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Durante a guerra social que durou ata o [[-355]] estivo contra Atenas, instigados polo dinasta de [[Caria]]. En [[-357]] caeu en mans do príncipe de Caria [[Mausolo]], conservando, sen embargo, a súa autonomía.
 
En [[-342]] [[Mentor de Rodas]], un xefe militar que loitara ao servizo de [[Artabazo II]], [[sátrapa]] rebelde de [[Dascilio]] ou [[Frigia Helespóntica]] e máis tarde ao servizo de Exipto axudando ao rei de [[Sidón]], Tabnit II, rebelado contra [[Persia]], obtivo o perdón do rei (que apreciou as súas calidades militares, pois loitando en Sidón derrotara aos sátrapas [[Mazeos]] de [[Cilicia]] e Belisis de [[Siria]], e só puido ser derrotado polas forzas superiores do exército real persa) que lle enviou a Rodas, que deste xeito converteuse nun estado vasalo de Persia. Mentor fixo chamar ao seu irmán [[Memnón de Rodas]] e ao seu cuñado Artabazo II, exiliados a [[MacedoniaReino históricade Macedonia|Macedonia]], e especialmente o primeiro mostrouse como un xeneral moi hábil, e foi o último xefe dos persas que fixo fronte a [[Alexandre o Grande]], pero á súa repentina morte en [[-333]] deixou Persia a mercé de Alexandre.
 
A conquista macedonia de Persia implicou tamén o sometemento da illa de Rodas a Macedonia e unha guarnición estableceuse na illa ([[-332]]), pero foi expulsada á morte de Alexandre ([[-323]]). Desde entón tivo unha política independente aliada cos [[dinastía Ptolemaica|ptolomeos]] de Exipto que era de interese para o seu comercio.