Nono de Panópolis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Obras: Tebas, Grecia
Liña 6:
As ''[[Dionisíacas]]'' é a obra principal de Nono. É un poema épico en corenta e oito libros (os mesmos que a ''[[Ilíada]]'' e a ''[[Odisea]]'' sumadas), nuns 21.000 [[hexámetro]]s [[Homero|homéricos]] cuxo tema principal é a expedición de Dioniso á [[India]] e o seu regreso. O tema xa fora tratado con anterioridade, especialmente logo da expedición de [[Alexandre Magno]] á India, xa que o rei macedonio era a miúdo comparado con Dioniso.
 
Nos primeiros libros do poema nárrase o rapto de [[Europa (mitoloxía)|Europa]], a [[Xigantomaquia]], a historia mítica de [[Tebas, (Grecia)|Tebas]], e só no libro VIII se describe o nacemento de Dioniso. A partir de aí, o poema narra os feitos e fazañas do deus, como un antigo compendio mitolóxico sobre Dioniso, cunha linguaxe colorida e alusións veladas a misterios dionisíacos, relixións orientais, maxia, astroloxía e mesmo elementos cristiáns. A obra foi comparada cos poemas épicos da India, por mor da súa desmesurada extensión. Destaca por unha versificación extremadamente correcta, que chega a facerse monótona. Para moitos autores, poida que sexa o último gran poema do paganismo antigo.
 
Consérvase tamén outra obra súa consistente nunha paráfrase do Evanxeo de Xoán, que parece indicar -aínda que isto se discute- que nos seus últimos anos Nono se converteu ao [[cristianismo]]. Consérvanse 3.750 hexámetros desta obra. Esta obra, pouco estudada, traslada o texto de San Xoán a verso homérico e de sabor arcaizante.