Arcadio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 408 mediante HotCat
Liña 17:
Naquel momento cada parte do Imperio estaba gobernada por un home forte con grande influencia sobre o emperador. En Occidente, Honorio estaba baixo o dominio do xeneral [[vándalos|vándalo]] romanizado, ''Flavius Stilicho'' ([[Estilicón]]), mentres Arcadio era dominado polo prefecto de pretorio de Oriente chamado [[Rufino]]. Estilicón acudiu á parte oriental do imperio, a [[Grecia]], a tratar de frear aos godos, pero foi acusado por algúns de tratar de converterse tamén con esta acción no home forte do Imperio Oriental. Arcadio, influído por Rufino, pediu que Estilicón se retirase da parte Oriental. Para se desfacer do seu contrincante, Estilicón mandou asasinar a Rufino por mercenarios góticos en [[395]], aínda que este feito segue sendo discutido.
 
Coa eliminación de Rufino estalou unha loita na cúpula do poder, que se resolveu favorablemente para [[Eutropio]], un liberto [[eunuco]] que fora titor do emperador e que poucos meses antes propiciara o matrimonio deste con [[Aelia Eudoxia]], filla dun xeneral franco. Apartado do poder, Estilicón inhibiuse na defensa do Imperio Oriental e os godos camparon ás súas anchas por [[Grecia]] saqueando todo o territorio. Só as cidades de [[Tebas, (Grecia)|Tebas]] e [[Atenas]] se libraron do saqueo.
 
En [[397]] Estilicón organizou unha nova expedición unilateral para expulsar aos godos. esta vez do [[Peloponeso]]. Como ocorrera dous anos antes, Eutropio, medorento de que Estilicón o desprazase do poder instigou a Arcadio para que pedise ao xeneral occidental que se retirase do seu territorio. Alarico desprazouse entón a [[Epiro]], onde se acantonaron os godos.