Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Demografía: Tebas, Grecia
En canto ás cidades, o crecemento de Constantinopla foi espectacular nos século IV e V. Mentres que a capital de Occidente, Roma, declinara considerabelmente desde os tempos de [[Augusto]], en que chegou a ter preto do millón de habitantes, ata o século V, con só uns 100.000, Constantinopla, que no momento do seu fundación contaba escasamente con 30.000 habitantes, chegou en época de Xustiniano aos 400.000.
 
Pero Constantinopla non era a única gran cidade do Imperio. A poboación de Alexandría nesa mesma época estimouse en torno aos 300.000 habitantes, algo maior que Antioquía (uns 250.000), seguida doutras cidades como [[Éfeso]], [[Esmirna]], [[Pérgamo]], [[Trebisonda]], [[Edesa]], [[Nicea]], Tesalónica, [[Tebas, (Grecia)|Tebas]] e [[Atenas]].
 
O século VI supuxo un importante retroceso da urbanización debido tanto ás guerras como a unha sucesión de epidemias e catástrofes naturais. No século seguinte, trala perda de Siria, Palestina, Exipto e [[Cartago]], só quedaron dúas grandes cidades no Imperio: a capital e Tesalónica. Parece que a poboación de Constantinopla decreceu considerabelmente durante os séculos VI e VII (a causa, entre outras razóns, da [[peste]]) e só comezou a recuperarse a mediados do século VIII. Estímase que a súa poboación sería de 300.000 habitantes durante o renacemento macedónico, e de non menos de 500.000 baixo a [[dinastía Ducas-Comneno|dinastía Comnena]].
101.473

edicións