Diferenzas entre revisións de «Miguel Anxo Araúxo Iglesias»

sen resumo de edición
Iniciou os seus estudos de [[bacharelato]] no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na [[Universidade Pontificia de Comillas]] onde obtivo a licenciatura en Filosofía ([[1941]]) e Teoloxía ([[1945]]). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de [[1945]]. Trasladado como crego a [[Ourense]], foi profesor de [[Teoloxía]] no [[seminario]] desa cidade e [[reitor]] del entre [[1956]] a [[1966]].
 
O [[6 de setembro]] de [[1970]] foi ordenado [[bispo]] da [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]], nunha cerimonia presidida polo [[cardeal (relixión)|cardeal]] de [[arquidiocese de Santiago de Compostela|Santiago]], [[Fernando Quiroga Palacios]]. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na [[catedral de Ourense]], e por primeira vez na historia{{cómpre referencia}} da [[Igrexa Católica Romana|igrexa]] galega, en [[lingua galega|galego]]. O día 13 dese mes entrou oficialmente na [[catedral de Mondoñedo]]. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros [[Amador Niebla]] e [[Daniel Rey]], mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homiliahomilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En [[1985]] a [[Santa Sé]] concedeulle a xubilación anticipada.
 
{{Start box}}
 
===Escritor e tradutor===
Foi un gran potenciadorimpulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do [[Misal romano]] ao galego. Traballou tamén na versión dos [[Rituais sacramentais]] e preparou un [[devocionario]] popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como [[La Voz de Galicia]] ou [[La Región]] e revistas como [[Irimia]], [[Encrucillada]], [[Raigame]] ou a [[Revista de Estudios Mindonienses]].
 
O [[30 de maio]] de [[1980]] ingresou na [[Real Academia Galega]] para ocupar a cadeira que deixara vacante [[Ramón Otero Pedrayo]], cun discurso titulado ''A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais'', que foi respondido por [[Ramón Piñeiro]].
* [[Premio Trasalba]] ([[1989]])
* [[Grelo de Ouro]] ([[1992]]
 
{{Personalidades de Galicia en progreso}}
 
{{ORDENAR:Arauxo Iglesias, Miguel Anxo}}
186.619

edicións