Charles Nicolle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 21:
|notas =
}}
'''Charles Jules Henri Nicolle''', nado en [[Ruán]], [[Francia]], o [[21 de setembro]] de [[1866]] e finado en [[Tunes]], [[Tunisia]], o [[28 de febreiro]] de [[1936]], foi un [[médico]] [[Francia|francés]], especialista en [[microbioloxía]].
 
== Traxectoria ==
Traballou primeiro no hospital de Ruan onde participou na elaboración dun soro contra a [[difteria]]. En [[1903]], asumiu a dirección do [[Instituto Pasteur]] en [[Tunes]], e alí traballou en diversas enfermidades infecciosas, como o [[tifo]] e a [[malaria]] e estudando o papel que desempeñan algúns animais na súa propagación. Así, en [[1909]] descobre que o piollo é o principal transmisor do tifo. Con esta constatación, chégase á consecuencia de que a eliminación dos piollos será necesaria para evitar a transmisión da enfermidade e para salvase vidas. Recibiu o [[Premio Nobel de Medicina]] en [[1928]].
 
É o autor desta profética sentenza referente á aparición de novas enfermidades: ''Así pois, haberá novas enfermidades. É un feito inevitable. Outro feito, tamén inevitable, é que nunca seremos capaces de localizalas nas súas orixes. Cando sexamos coñecedores desas enfermidades, xa estarán formadas, serán, por dicilo así, adultas. E aparecerán como apareceu Atenea, saíndo armada desde a cabeza de Zeus. Como as recoñeceremos, esas novas enfermidades, como poderiamos sospeitar a súa existencia antes de que se vistan con síntomas? Hai que resignarse á ignorancia nos primeiros casos evidentes. Ignoraranse, confundiranse con enfermidades existentes con anterioridade e só tras un longo período de ir a cegas separaremos o novo tipo patolóxico do taboleiro das enfermidades xa clasificadas.''
 
== Véxase tamén ==