Diferenzas entre revisións de «James Watson»

arranxo
(arranxo)
|ancho_imaxe = 220px
|texto_imaxe =
|nacemento = [[6 de abril]] de [[1928]]
|lugar_nacemento = [[Chicago]]
|morte =
|lugar_morte =
'''James Dewey Watson''', nado en [[Chicago]] ([[Illinois]]) o [[6 de abril]] de [[1928]], é un [[biólogo]] e [[Zooloxía|zoólogo]] [[EUA|estadounidense]], famoso por ser un dos descubridores da estrutura da molécula de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], que lle valeu o recoñecemento da comunidade científica sendo galardoado co [[Premio Nobel de Medicina|Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
En [[1947]] ingresa na Escola de graduados da [[Universidade de Indiana]], onde traballaba , galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en [[1962]] (compartido ese ano con [[Maurice Wilkins]] e [[Francis Crick]]) polos seus descubrimentos acerca da estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia da información na materia viva. En maio de [[1950]], á idade de 22 anos, Watson completou o seu doutoramento en [[Zooloxía]]. Incorporouse á [[Universidade Harvard]] en [[1955]]. Traballou xunto ao biofísico británico [[Francis Crick]] no Laboratorio [[Cavendish]], [[Universidade de Cambridge]] de [[1951]] ata [[1953]]. Tomando como base os traballos realizados no laboratorio polo biofísico británico Maurice Wilkins, Watson e Crick desentrañaron a estrutura en dobre hélice da molécula do [[ácido desoxirribonucleico]] (ADN). As investigacións proporcionaron os medios para comprender como se copia a información hereditaria. Posteriormente [[Arthur Kornberg]] achegou probas experimentais da exactitude do seu modelo. Como recoñecemento aos seus traballos sobre a molécula do ADN, Watson, Crick e Wilkins compartiron en [[1962]] o Premio Nobel de Medicina. En [[1968]] foi director do Laboratorio de [[Bioloxía Cuantitativa]] de [[Cold Spring Harbor]], [[Nova York]]. Escribiu ''The Double Helix'' (''A dobre hélice'', 1968), historia do descubrimento da estrutura do ADN. Participou no proxecto [[Xenoma]] Humano nos Institutos Nacionais da Saúde.
 
52.366

edicións