Emil Adolf von Behring: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 23:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:E A Behring.jpg|left|miniatura|Emil Adolf von Behring]]
Behring naceu '''Adolf Emil Behring''' naceu en [[Jankowa Zaganska|Hansdorf]] no [[distrito de Rosenberg]] en [[Prusia]]. Estudou medicina entre 1874 e 1878 no Medicinisch-chirurgisches Friedrich-Wilhelm-Institut de [[Berlín]], servindo como médico militar boa parte da súa vida e despois como profesor de hixiene na Facultade de Medicina da [[Universidade de Marburgo]].
 
Behring foi o descubridor en [[1890]] da [[antitoxina]] do [[tétanos]], investigando con cobaias ó inxectar o soro sanguineo dun animal afectado polo tétanos a outro xérase imunidade á enfermidade no segundo e pódese comprobar que os animais inmunizados contra o tétanos presentaban esa cualidade porque tian que dispor dalgunha substancia capaz de controlar a infección. Recibiu en 1901 o primeiro Premio Nobel de Medicina polo desenvolvemento do [[vacina|soro]] contra a [[difteria]] (en colaboración con [[Emile Roux]]) e o [[tétanos]], a primeira fora unha importante causa de mortalidade da poboación, en especial nos nenos, e a segunda fora a primeira causa de defunción nas guerras, matando os feridos. No [[Congreso Internacional da Tuberculose]] en 1905 anunciou que descubrira unha substancia procedente do virus da tuberculose, esta substancia, que el denominou "T C", unha antitoxina, foi primordial para a vacina que el mesmo preparou para inmunizar o gando contra a [[turberculose]] bovina.