Célula miosatélite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2633328
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
 
Desafortunadamente, parece que as células satélite transplantadas teñen unha capacidade limitada de migración, e só poden rexenerar o músculo na rexión onde son depositadas. Non é posible un tratamento sistémico ou mesmo o tratamento dun músculo enteiro deste modo. Porén, outras células do corpo como os [[pericito]]s e as [[célula nai hematopoiética|células nais hematopoiéticas]] poden tamén contribuír á reparación do músculo dunha maneira similar ao das células satélites musculares endóxenas. A avantaxe de usar este tipo de células para a terapia das enfermidades musculares é que poden ser administradas sistemicamente, e migran autonomamente ao lugar da lesión. Recentemente tivo moito éxito a administración de [[mesoanxioblasto]]s en cans [[Golden Retriever]], que se usan como modelo para o estudo da [[distrofia muscular de Duchenne]], e que nos casos estudados curaron esa doenza <ref>{{cite journal | author = Sampaolesi M, Cossu, G. et al. | title = Mesoangioblast stem cells ameliorate muscle function in dystrophic dogs | journal = Nature | volume = 444 | issue = 7119 | pages = 574–9 | year = 2006 | pmid = 17108972 | doi = 10.1038/nature05282}}</ref>. Porén, o tamaño da mostra utilizada nese estudo era relativamente pequena, polo que foi criticado pola falta dun control axeitado no uso de drogas inmunosupresoras.
Recentemente, informouse que as células que expresan Pax7 contribúen á reparación de lesións dérmicas adoptando un [[fenotipo]] fibrótico por medio dun proceso mediado por Wnt/β-[[catenina]]. <ref>{{cite journal | author = Amini-Nik S, Glancy D et al. | title = Pax7 expressing cells contribute to dermal wound repair, regulating scar size through a β-catenin mediated process | journal = Stem Cells | volume = 9 | issue = 29 | pages = 1371–9 | year = 2011 | pmid = 21739529 | doi = 10.1002/stem.688}}</ref>.
 
==Regulación==