Tala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Xustificación terminolóxica==
A terminación ''-illo'' da forma ''palangrillo'' faina sospeitosa de ser un [[castelanismo]]. Partindo da base de que se utiliza para a pesca de "[[ollomol]]es, [[congro]]s, [[abadexo]]s, [[robaliza]]s, dentóns, [[rodaballo]]s, etc."<ref>Páxina 6 do texto de [http://www.cetmar.org/DOCUMENTACION/dyp/ArtesDePesca.pdf Miguel Fariña Castro (1998) ''Artes e aparellos de pesca en Galicia'']</ref> e baseándose na definición do [[Diccionario enciclopédico gallego-castellano]] de Eladio Rodríguez<ref>[[Diccionario de diccionarios]]</ref>, podería equipararse a ''espinel''. Neste mesmo texto, Eladio dános <ref>''sub voce: palangre''</ref> unha subclasificación do palangre en ''corda, pincho, fondeiro'' e ''gorentes''. Aspectos como a sinonimia de ''palangre'' co hiperónimo (''corda'') ou o hipónimo (''pincho'', no [[VOLG]]) ou a non sanción como substantivo por parte [[VOLG]]) desaconsellan o seu uso. Pola súa parte, a forma ''espinel'' non aparece reflectida nin no [[VOLG]]<ref>http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp</ref> nin na lexicografía xeral<ref>Gran Diccionario Xerais da Lingua ([[2000]]) de [[Edicións Xerais de Galicia]]</ref><ref>Dicionario de galego ([[2004]]) da [[Editorial Ir Indo]]</ref>. En cambio, ''tala'' si aparece recollida tanto no propio [[VOLG]]<ref>http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp</ref> como nestas mesmas fontes actuais<ref>"Arte de pesca utilizado (sic) para o congro", na páxina 1824 do Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000)</ref><ref>"Arte de pesca que se emprega para capturar o congro", na páxina 1955 do Dicionario de galego (2004) da [[Editorial Ir Indo]]</ref> e na lexicografía histórica<ref>dicionarios de Aníbal Otero e Carré Alvarellos (1972) consultados no [[Diccionario de diccionarios]]</ref> con semellante significado. A existencia desta forma patrimonial e autorizada faría innecesaria un calco como ''palangrillo'' ou a creación dun neoloxismo como ''palangriño'' ou ''palangrete''.
 
==Notas==
{{Listaref|2}}
<references/>
 
{{Artes de pesca}}
[[Categoría:Artes de pesca]]