Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Persoeiros de Dodro: elimino sección de persoeiros que xa non se engade nos artigos de concellos
Liña 85:
 
Entre os pazos, destacan o [[pazo de Tarrío]], do que saíu o ministro de facenda de 1822 [[Luís López Ballesteros]]; o [[pazo de Lestrobe]], antiga residencia de verán dos bispos e canónigos composteláns; o [[pazo de Hermida]], residencia de [[Rosalía de Castro]] e [[Manuel Murguía]], escenario da sinatura do [[pacto de Lestrobe]] (26 de marzo de 1930), todos eles pazos actualmente en perfectas condicións. O [[pazo do Marqués de Bendaña]] está derruído, atopándose os seus principais motivos ornamentais e a súa torre no [[Pazo de Meirás]], en [[Sada]].
 
== Persoeiros de Dodro ==
* [[Luis López Ballesteros]], nado en [[Vilagarcía de Arousa]], sendo súa nai e toda a súa familia materna de Dodro, donos do [[Pazo de Tarrio]]. Foi un militar e político galego. Proclamou a [[Guerra da Independencia española en Galicia|independencia]] da comarca de Vilagarcía do [[Imperio Napoleónico]] en maio de 1808, sendo o primeiro levantamento que se produciu en Galicia<ref name="IndEsp">[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-05-2009/abc/Galicia/villagarcia-rinde-homenaje-a-los-primeros-en-alzarse-en-armas-contra-la-invasion-francesa-en-1808_921162830555.html# "Villagarcia rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasion francesa en 1808"], ABC (24-5-2009), en castelán.</ref>. Foi Ministro de Facenda do goberno de España durante o [[Trienio Liberal]] con [[Fernando VII]]. Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións, sendo designado senador vitalicio no ano 1845.
 
* [[Luís Aguirre del Río]], foi un poeta en castelán e compositor galego. Escribiu o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán no ano 1858, malia todo, por diversas vicisitudes o dicionario non veu luz ata o ano 2007, cando foi publicado conxuntamente polo [[Consejo Superior de Investigaciones Científicas]] (CSIC) de Madrid e o [[Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento]].
 
* [[Fortunato Cruces]], foi un incansable escritor e prolífico xornalista galego que desenvolveu a súa carreira en [[Bos Aires]] a principios do século XX.
 
* [[Ovidio Murguía Castro]], pintor galego, fillo de [[Rosalía de Castro|Rosalía]], de quen herdou o seu sentimento artístico, e de [[Manuel Murguía]]. A pintura de Ovidio figura especialmente no [[Museo Provincial de Pontevedra]] e no [[Museo de Belas Artes da Coruña]], sendo a máis representativa. Pode atoparse tamén algún do seus cadros na [[Casa Museo de Rosalía]]<ref name="casaMat">[http://rosaliadecastro.org/a-casa-museo-ven-de-adquirir-un-cadro-de-ovidio-murguia/ A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía], ''Fundación Rosalía de Castro'', 22 de maio de 2014.</ref>.
 
* [[Sixto Aguirre]], foi un médico e político galego, infelizmente executado en [[Palas de Rei]] o 14 de agosto de 1936 xunto con [[Camilo Díaz Baliño]].
 
* [[José Vázquez Batalla]], foi un avogado e político galego de ideoloxía republicana. Fundou e dirixiu o semanario ''[[El Regenerador Padronés]]''. Celebrouse no ano 1930 o Pacto de Lestrobe baixo o seu auspicio, no Pazo de Hermida, do que era dono.
 
* [[Avelino Abuín de Tembra]], foi un escritor galego. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi un promotor incansable de eventos culturais galegos. Impulsor da [[Ruta Rosaliana]] e do premio de poesía ''[[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]]'', que leva o nome dese poeta de Dodro, colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na radio, en programas de carácter cultural.
 
* [[Moncho Reboiras]], foi un activista político galego que militou na [[UPG]] e morreu nun enfrontamento armado en Ferrol, no ano 1975, coa Policía Armada.
 
* [[Anxo Angueira]], é un filólogo, estudoso da literatura galega e escritor. É o actual presidente da [[Fundación Rosalía de Castro]] que ten a súa sede na [[Casa Museo Rosalía de Castro]].
 
* [[Eusebio Lorenzo Baleirón]], foi un filólogo e escritor galego, destacando na súa faceta poética. O certame de poesía que se celebra en Dodro leva o seu nome para conmemorar a súa figura. O irmán de Eusebio, [[Manuel Lorenzo Baleirón]] e a súa filla [[María Lorenzo Miguens]] son tamén escritores en lingua galega.
 
* [[Ramón Reboiras]], escritor é xornalista galego. Columnista na edición galega de [[El País]], colabora amais noutras revistas. Traballou para diversas publicacións culturais españolas.
 
==Política e goberno==