Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 132:
Niso tiveron moito que ver as etapas iniciais da [[Revolución Industrial]]. Agora resultaba doada a produción industrial de armas, así como a capacidade de equipamento de forzas significativamente maiores. O Reino Unido foi o maior fabricante de armamento deste período, abastecendo a maioría das armas usadas polas potencias aliadas ao longo dos conflitos (e usando eles mesmos unha escasa cantidade delas). Francia foi o segundo maior produtor, armando ás súas propias forzas á vez que facía o propio coas da Confederación do Rin e outros aliados.
 
O tamaño numérico dos exércitos involucrados é unha clara indicación achegaacerca do cambio no tipo de guerra. Durante a derradeira guerra importante de Europa, a [[Guerra dos Sete Anos]], poucos exércitos superaran o número de 200.000 homes. En contraste, o exército francés acadou na década de 1790 a cifra dun millón e medio de franceses alistados. En total, ao redor de 2,8 millóns de franceses loitaron no conflito en terra, e uns 150.000 loitaron no mar, polo que o total de combatentes franceses acadou a cifra duns tres millóns.
 
Outra das vantaxes que afectou á guerra foi o uso do [[telégrafo óptico]], que permitía ao ministro de guerra Carnot comunicarse coas forzas francesas nas fronteiras, durante os anos 1790. Este sistema seguiuse empregando. Adicionalmente, usouse por primeira vez a vixilancia aérea durante as guerras, cando os franceses usaron [[globo aerostático|globos aerostáticos]] para espiar as posicións aliadas antes da [[Batalla de Fleurus (1794)|Batalla de Fleurus]], o [[26 de xuño]] de [[1794]]. Tamén houbo adiantos en [[foguete|foguetería]] militar durante o período de guerras.