Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixes do termo: arranxiños
Liña 84:
 
=== O galeón inglés ===
Debemos ao ''master shipwright'' (mestre carpinteiro de ribeira) Matthew Baker os poucos datos construtivos que temos achegaacerca do galeón inglés. Este deixou varios deseños que mostran o aspecto e dimensións dos barcos construídos por el cara a [[1586]]. Destacan os beques baixos e elegantes sostidos por un [[curvatón]] tallado e formando o [[tallamar]], un castelo de proa dunha soa cuberta, máis baixo do habitual. A ausencia de [[bataiolas]] entre o alcázar e o castelo expuña á tripulación ao lume inimigo. Para compensar isto colocábanse ao longo das bordas táboas e rollos de cabos, e ata nalgún caso ocultábase á tripulación empavesando a cuberta ao longo das bordas a base de paquetes de roupa que se coloreaban vistosamente ou sobre as que se pintaban escudos tal vez para disimular a pouca consistencia do material. Estas estruturas máis baixas unido a un menor tamaño e menos manga facíaos máis mariñeiros e aptos para navegar de bolina, xa que o vento frontal ao non atopar obstáculo nas superestructuras non freaba o seu avance. A pesar de ser máis pequenos embarcaban proporcionalmente máis artillería que os galeóns mediterráneos. Na época de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]], as bocas de fogo curtas como o ''medio canón'' (165 mm de calibre, 3,05 m de ánima) substituíronse polas novas [[culebrina]]s de 18 ó 19 libras (133 mm, 3,50 m) de tiro rápido e preciso ata os 90 m.<br />
A apoteósis do galeón inglés xurdio co [[Sovereign of the Sexas]] de [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]], proxectado por Phineas Pett e botado en [[1637]]. Tiña 38,7 m de eslora na quilla, 51,8 m entre perpendiculares e 14,7 m de manga. Levaba 100 canóns e estaba riquísimamente decorado con esculturas douradas de Gerard Christmas sobre deseños de [[Anton van Dyck|Van Dyck]]. O seu enorme custo, de 65.586 libras disparou unha crise orzamentaria que contribuíu á posterior [[Revolución Inglesa]] de [[1642]].