Diferenzas entre revisións de «Dodro»

* [[José Vázquez Batalla]], foi un avogado e político galego de ideoloxía republicana. Fundou e dirixiu o semanario ''[[El Regenerador Padronés]]''. Celebrouse no ano 1930 o Pacto de Lestrobe baixo o seu auspicio, no Pazo de Hermida, do que era dono.
 
* [[Avelino Abuín de Tembra]], foi un escritor galego. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi un promotor incansable de eventos culturais galegos. Impulsor da [[Ruta Rosaliana]] e do premio de poesía ''[[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]]'', que leva o nome dese poeta de Dodro, colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na radio, en programas de carácter cultural.
 
* [[Moncho Reboiras]], foi un activista político galego que militou na [[UPG]] e morreu nun enfrontamento armado en Ferrol, no ano 1975, coa Policía Armada.
Usuario anónimo