Diferenzas entre revisións de «Anxo Angueira»

+ lig int
(+ lig int)
Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]], residindo na ''cidade olívica'' onde está casado e ten dous fillos.
 
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das ''[[Redes Escarlata]]'' e colabora na publicación da ''CUT O Xornal'' e na revista ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]''. Foi coordinador do premio de poesía ''[[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]]'' que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo ''[[Rosalía 21]]'', unha revisitación en clave de ''[[jazz]]'' da poesía de [[Rosalía de Castro]], xunto o pianista [[Abe Rábade]] e a cantante [[Guadi Galego]].
 
No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación Rosalía, candidatura única e consensual, despois de que se producira a dimisión de [[Helena Villar Janeiro]] o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano<ref name="FundRosa">''La Voz de Galicia'' (29-5-2012) [http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/05/29/escritor-anxo-angueira-unico-candidato-presidencia-fundacion-rosalia/0003_201205G29P36993.htm?idioma=galego ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía››]. "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións".</ref>. Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro que ten a súa sede na Casa Museo de Rosalía no concello de Padrón <ref name="posesión">''La Voz de Galicia'' (2-6-2012) [http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/06/02/angueira-aposta-reactivar-os-estudos-rosalianos/0003_201206G2P40992.htm «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos»]. "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".</ref>.
 
==Obra==
Usuario anónimo