Presión atmosférica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
Á prematura morte de Torricelli, chegaron os seus experimentos a oídos de Pascal, a través do Pai Mersenne que os deu a coñecer en París. Aínda que aceptando inicialmente a teoría do medo ao baleiro, non tardou Pascal en cambiar de idea ao observar os resultados dos experimentos que realizou. Empregando un tubo curvado e usándoo de forma que a atmosfera non tivese ningunha influencia sobre o líquido, observou que as columnas chegaban ao mesmo nivel. Con todo, cando permitía a acción da atmosfera, o nivel variaba.
 
Estes resultados inducíronlle a abordar o experimento definitivo, consistente en transportar o barómetro a distintas altitudes e comprobar se era realmente o peso do aire o que determinaba a ascensión do líquido no tubo. Ao escribir a Perier, un dos seus parentes, o 15 de novembro de [[1647]] achegaacerca do experimento proxectado, dicía:
 
'' Se sucede que a altura da prata viva é menor no alto da montaña, que abaixo, deducirase necesariamente que a gravidade e presión do aire é a única causa desta suspensión da prata viva, e non o medo ao baleiro, porque é verdade que hai moito máis aire que pese ao pé da montaña que na súa vértice ''.