Lingua friulana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 69 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q33441
Liña 34:
As orixes da lingua friulana son bastante escuras. O gran acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos [[Roma Antiga|romanos]], que no [[-181|181 a.C.]] fundaron a primeira colonia no Friuli, Aquilea. Establecéronse sobre un substrato lingüístico precedente, formado no seu maior parte pola lingua celta dos ''Carni''. A súa influencia sobre o latín de Aquileia é controvertida, pois nos epígrafes e inscricións da época só se achan modificacións a elementos fonéticos e morfosintácticos, comúns tamén a outras partes do imperio. A día de hoxe, as pegadas celtas máis evidentes áchanse na toponimia (topónimos acabados en ''-acco'' ou en ''-icco'', por exemplo), mentres que no léxico parece que o compoñente cárnico é pouco relevante, tal como o compoñente xermánico, provocado pola entrada en Italia dos [[longobardo]]s. Estas informacións levaron a algúns estudosos a supor que o friulano sexa consecuencia das migracións de poboacións do imperio, obrigadas a abandonar as rexións orientais como [[Panonia]] por mor da presión dos bárbaros. É interesante tamén o feito de que diferentes estudosos, baseándose nas inscricións achadas, argumentan que o límite oriental de penetración da poboación e a lingua dos [[véneto]]s foi o río [[río Livenza|Livenza]] (na época ''Liquentia''), que aínda en épocas recentes delimitou o límite lingüístico entre o friulano e o veneciano (hoxe en parte desprazada cara ao leste). Isto fai supor que a diferenciación entre as falas destas rexións sexa antiga.
 
Porén, alcanzouse certo consenso achegaacerca do período de formación do friulano, que remonta ao ano [[1000]], contemporaneamente a outras linguas romances derivadas do [[latín vulgar]]. Os primeiros termos en friulano aparecen en actas administrativas do [[século XIII]], pero só a partir do [[século XIV]] os documentos se fan máis numerosos e, ademais dalgún documento comercial, aparecen os primeiros testemuños literarios, como os ''Frammenti letterari'', todos orixinarios de [[Cividale]], que xa se consolidou como centro do Friuli.
 
=== Relación co ladino ===