Historia da música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
Dado que toda [[cultura]] coñecida ha ter algunha forma de manifestación musical, a historia da música abarca a todas as sociedades e épocas, e non se limita, como veu sendo habitual, a Occidente, onde se utilizou a expresión «historia da música» para referirse á historia da música europea e a súa evolución no mundo occidental.
 
A música dunha cultura está estreitamente relacionada con outros aspectos da cultura, como a organización [[economía|económica]], o desenvolvemento técnico, a actitude dos [[compositor]]es e a súa relación cos oíntes, as ideas [[estética]]s máis xeneralizadas de cada comunidade, a visión achegaacerca da función do [[arte]] na [[sociedade]], así como as variantes biográficas de cada [[autor]].
 
No seu sentido máis amplo, a música nace co ser humano, e xa estaba presente, segundo algúns estudiosos, moito antes da expansión do [[ser humano]] polo planeta, fai máis de 50.000 anos.<ref>Nils Lennart Wallin, Steven Brown, Björn Merker: [http://books.google.com/books?id=vYQEakqM4I0C&printsec=frontcover ''The origins of music''.] ISBN 0-262-73143-6</ref> É polo tanto una manifestación cultural universal.