Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente nos [[Museo Provincial de Pontevedra|de Pontevedra]] e [[Museo de Belas Artes da Coruña|da Coruña]], onde está a máis representativa.
 
En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro "''Árbore de montaña"'', é quizais a obra de maior tamaño ''(190 x 130190x130 cm)'' pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor galego<ref name="test">[http://www.galiciae.com/nova/320020-fundacion-rosalia-presenta-cuadro-catalogado-ovidio-murguia "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía"], ''Galiciaé'' (22-3-2014).</ref>.
 
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con tan só 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].