Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acodía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
 
O seu pai, home ambicioso, relacionouo con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o politico galego [[Montero Ríos]] lle encarga paza ornar o [[pazo de Lourizán]]<ref name="casaMat">''Fundación Rosalía de Castro'' (22 de maio de 2014) [http://rosaliadecastro.org/a-casa-museo-ven-de-adquirir-un-cadro-de-ovidio-murguia/ A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía],. ''Fundación"Ovidio Rosalíafalece decon Castro''28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, 22un conxunto de maioobras depara 2014(...) Montero Ríos (...) encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid".</ref>. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, ate que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.
 
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente nos [[Museo Provincial de Pontevedra|de Pontevedra]] e [[Museo de Belas Artes da Coruña|da Coruña]], onde está a máis representativa.