Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 27:
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acodía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
 
O seu pai, home ambicioso, relacionouo con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, realizouen traballos1898 paraleva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o politico galego [[PazoMontero de LourizánRíos]], propiedadelle deencarga paza ornar o [[Eugeniopazo Monterode RíosLourizán]]<ref>[http://rosaliadecastro.org/a-casa-museo-ven-de-adquirir-un-cadro-de-ovidio-murguia/ "A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía"], artigo na web da Fundación Rosalía de Castro, 24 de marzo de 2013.</ref>. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, ate que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.
 
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. Ovidio falece con 28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que [[Montero Ríos]] lle encarga paza ornar o [[pazo de Lourizán]], encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente nos [[Museo Provincial de Pontevedra|de Pontevedra]] e [[Museo de Belas Artes da Coruña|da Coruña]], onde está a máis representativa.
 
En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro "Árbore de montaña", é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do cadro<ref name="casaMat">[http://rosaliadecastro.org/a-casa-museo-ven-de-adquirir-un-cadro-de-ovidio-murguia/ A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía], ''Fundación Rosalía de Castro'', 22 de maio de 2014.</ref>.