Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 101:
* [[Avelino Abuín de Tembra]], foi un escritor galego. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi un promotor incansable de eventos culturais galegos. Impulsor da [[Ruta Rosaliana]] e do premio de poesía ''Eusebio Lorenzo Baleirón'', que leva o nome dese poeta de Dodro, colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na radio, en programas de carácter cultural.
 
* [[Moncho Reboiras]], nado en Imo en 1950, foi un activista político galego que militou na [[UPG]] e morreu nun enfrontamento armado en Ferrol, no ano 1975, coa Policía Armada.
 
* [[Anxo Angueira]], é un filólogo, estudoso da literatura galega e escritor. É o actual presidente da [[Fundación Rosalía de Castro]] que ten a súa sede na [[Casa Museo Rosalía de Castro]].