Diferenzas entre revisións de «Adolfo Suárez»

sen resumo de edición
(Desfíxose a edición 3228481 de 37.11.216.12 (conversa))
 
== Traxectoria ==
Nado en [[Cebreros]] ([[provincia de Ávila|Ávila]]), onde o seu pai, [[Hipólito Suárez]], que era un procurador [[A Coruña|coruñés]], fora represaliado pola súa militancia [[II República Española|republicana]]. Adolfo Suárez pasaba os veráns con regularidade na súa casa familiar da Coruña. Durante unha estadía prolongada na cidade, chegou a probar como xogador pirola no [[Deportivo da Coruña]]. Esta filiación coa cidade coruñesa e co clube de fútbol mantívoa toda a súa vida.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/espana/2014/03/24/profunda-huella-corunesa/824183.html La profunda huella coruñesa]</ref>
 
Doutor en Dereito pola [[Universidade Complutense de Madrid]], desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en [[1958]], pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en [[1961]], a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en [[1967]] e gobernador civil de [[Segovia]] en [[1968]]. En [[1969]] é designado Director Xeral de [[Radio-Televisión Española]], permanecendo no cargo até [[1973]].
Usuario anónimo