María Lado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Todesfuge (conversa | contribucións)
corrección
Liña 7:
É titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de [[Filoloxía]] Galega.
 
María Lado comezou a escribir no núcleo do [[Batallón Literario da Costa da Morte]], onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos,: ''Nós'', ''Mar por medio'' e ''Rumbo ás illas''. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital ''Vieiros'', coa revista ''[[Dorna (revista)|Dorna]]'' e coa revista portuguesa ''Comentário'', entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares.
 
Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por [[Edicións do Cumio]], editorial na que traballotraballou durante cinco anos.
 
Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco ''[[Finais dos 70s, comezos dos 80s]]'', de [[Fanny + Alexander]], recitando o poema ''Berlín'', da súa creación.