Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións

santo e martir cristián
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Mamede de Capadocia, máis coñecido en Galicia como San Mamés, nado en 259 e finado en 275 na Capadocia, foi un mártir cristián. ==Lenda== Fillo de Teodoto e Rufina d..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2014 ás 21:17

Mamede de Capadocia, máis coñecido en Galicia como San Mamés, nado en 259 e finado en 275 na Capadocia, foi un mártir cristián.

Lenda

Fillo de Teodoto e Rufina dous plebeios cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viuva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou á súa fortuna para favorecer aos marxinados e non ocultou a súa condición de cristiá. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea.

Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.

Significación

Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo. En Bilbo existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.