Diferenzas entre revisións de «Volcán»

m (Desfixéronse as edicións de 79.156.78.19 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm)
Cando a [[lava]] expulsada polo volcán é fluída, do tipo haiwaiano, o volcán adquire unha forma dunha estrutura ampla e abovedada, que pola súa aparencia son denominados “en escudo”. Un volcán en escudo está formado principalmente por lavas [[Basalto|basálticas]] (ricas en [[ferro]]) e pouco material [[Piroclasto|piroclástico]]. O maior volcán da [[Terra]] é o [[Mauna Loa]], un volcán en escudo nas illas [[Hawaii]]. O Mauna Loa nace nas profundidades do mar a uns 5.000 metros e elévase sobre o nivel do mar por uns 4.170 metros, cuns 9,5 km de altura é maior que o [[Monte Everest]]. Os volcáns en escudo como o Mauna Loa fórmanse ao longo de millóns de anos grazas a ciclos de erupcións de lava que se van superpondo unhas con outras.
 
O volcán de escudo máis activo é o [[Kilauea]], localizado na Illa de Hawai á beira de [[Mauna Loa]]. No período histórico o Kilauea entrou unhas 50 veces en erupción e é, polo tanto, o volcán deste tipo máis estudado. O resultado das erupcións constantes por millóns de anos deu lugar á creación das montañas máis grandes da Terra (se se ten en conta a altura contando dende a base no leito mariño).
 
Os xeólogos cren que as primeiras etapas de formación dos volcáns en escudo consisten en erupcións frecuentes de delgadas [[coada basáltica|coadas de basaltos]] moi líquidos. A medida que proseguen as erupcións tamén se producen erupcións laterais. Normalmente co cesamento de cada fase eruptiva prodúcese o afundimento da área da cima. Nas últimas fases, as erupcións son máis esporádicas e a [[erupción piroclástica]] faise máis frecuente. A medida que isto sucede, as coadas de lava tenden a ser máis viscosas, o que provoca que sexan máis curtas e potentes. Todo isto á súa vez axuda a aumentar a pendente da ladeira da área da cima.
Usuario anónimo