Estrutura terciaria das proteínas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
A ciencia da estrutra terciaria das proteínas progresou desde unha [[hipótese]] a unha definición detallada. [[Dorothy Maud Wrinch]] foi quen incorporou a [[xeometría]] á predición da [[estrutra das proteínas]]. Wrinch demostrou isto co modelo ''Cyclol'', que foi a primeira predición da estrutura dunha [[proteína globular]].<ref>Senechal M. [http://books.google.com.au/books?id=KE0k-reQCP8C&printsec=frontcover&dq=dorothy+wrinch&hl=en&sa=X&ei=mUKkUvfBLtCIkgXlg4D4CA&ved=0CDcQ6AEwAQ#v=onepage&q=dorothy%20wrinch&f=false "I died for beauty: Dorothy Wrinch and the cultures of science."] Oxford University Press, 2012. Chapter 14. ISBN 0199910839, 9780199910830. Accessed at Google Books 8 December 2013.</ref> Os métodos actuais poden determinar, sen predición, as estruturas terciarias cunha resolución de 5 [[Angstrom|Å]] (0,5&nbsp;nm) de pequenas proteínas (<120 residuos), e, en condicións favorables, predicións de [[estrutura secundaria das proteínas|estruturas secundarias]] confiables.
 
A primeira proteína cuxa estrutura terciaria se coñeceu con detalle atómico foi a [[mioglobina]]. Ten 153 aminoácidos e 8 [[hélice alfa|hélices alfa]] que comprenden o 70 % da molécula, unidas por tramos curvos e bucles, e carece de simetría. O interior da proteína está formado por residuos apolares (principalmente [[leucina]], [[valina]], [[metionina]] e [[fenilalanina]]), que están moi empaquetados e deixan pouco espazo libre, pero hai alí tamén dúas [[histidina]]s, encargadas de unirse ao ferro do [[grupo prostético]] [[hemo]] e ao oxíxeno. Na parte exterior están os residuos polares ([[aspartato]], [[glutamato]], [[lisina]] e [[arxinina]]) e tamén algúns non polares. A proteína é máis estable termodinamicamente se ten a maioría dos residuos apolares afastados da auga do medio, polo que se prega de modo que estes queden no interior, onde poden establecer enlaces de Van der Waals.<ref name=Stryer>TimozickoBerg JM, Tymoczko JL, Stryer L. New York: W H Freeman; 2002. Biochemistry. 5th edition. Section 3.4. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK22375/ Tertiary structure]</ref> Esta disposición de grupos polares en contacto coa auga e non polares fóra do contacto coa mesma é xeral na maioría das estruturas terciarias; así, as [[proteína de membrana|proteínas de membrana]] [[porina]]s, que forman un poro acuoso, teñen residuos polares revestindo o poro, mentres que o lado oposto, en contacto cos lípidos apolares da membrana, ten residuos apolares.<ref name=Stryer/>
 
==Determinantes da estrutura terciaria==