Física clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
== IntroduciónIntroducción ==
Chámaselle así á fisica construída antes das revolucións científicas de cambio de séculos XIX a XX, polo tanto, a única que existiu antes do século XX e que agora se considera como a física da escala humana, vivindo unha época na que é considerada como aproximación manexable e observable da [[Física Moderna]]. A súa base está na [[Leis de Newton|Mecánica newtoniana]], aínda que tamén abrangue outros apartados como a [[óptica]] ou a [[electricidade]]. Normalmente, hoxe esténdese a súa definición (ver abaixo) a todo o que non sexa mecánica cuántica, aínda que moitas veces se considera asemade a [[Teoría da Relatividade]] excluída dela.
 
== DefinicionDefinición ==
Denomínase '''física clásica''' á [[física]] baseada nos principios previos á aparición da [[Mecánica cuántica|física cuántica]], incluíndo a [[Relatividade Especial|Teoría Especial da Relatividade]]. Non hai restriccións da aplicación da física clásica e os seus principios pero, na práctica, a escala de dita física é a dos [[átomo]]s illados, [[molécula]]s e cara arriba, incluíndo o [[Macroscópico|mundo macroscópico]] e a [[astronomía]]. Dentro do átomo e entre os átomos dunha molécula, as leis da física clásica non poden ser aplicadas correctamente. Ata a teoría clásica da [[radiación electromagnética]] é, dalgún xeito, limitada na súa capacidade de prover descricións correctas, dado que a [[luz]] é inherentemente un fenómeno cuántico. Ao contrario que a física cuántica, a clásica caracterízase, en xeral, por un principio de completo [[determinismo]].