Macau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:ماكاو" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 65:
En [[1550]], baixo o pretexto de secar a súa carga, os portugueses construíron uns predios en Macau. A colonia permanente foi fundada en [[1557]], e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co [[Xapón]] perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comercio. Naturalmente, Macau era un porto importante no comercio entre [[Europa]], a China e o Xapón, tamén.
 
Portugal pagaba aluguer de Macau á China entre [[1573]] e [[1845]]. A importancia do porto de Macau reduciuse na [[primeira guerra do opio]] en [[1841]] cando [[Hong Kong]] se tornou no porto occidental mais importante na China. A illa de Taipa foi ocupada polos portugueses no [[1851]], mais o goberno da China só recoñeceu a ocupación de Macau no [[1887]]. A pataca, a moeda local de Macau, foi lanzada polo [[Banco Nacional Ultramarino]] no [[1905]]. A súa cuotación equivale á cuotación do [[dólar de Hong Kong]]. A poboación de Macau aumentou moito durante a [[Segunda Guerra Mundial]] porque moitas persoas fuxiron da ocupación xaponesa de Guangzhou ([[Cantón, China|Cantón]]) e de Hong Kong a Macau, visto que o [[Xapón]] respectaba a neutralidade de Portugal na guerra, a pesar disto o porto foi bombardeado ainda que aducindo que fora un erro por parte xaponesa.
 
Despois da [[Revolución dos Cravos]] en [[1974]], Portugal alterou o estatuto de Macau para “un territorio chinés baixo administración portuguesa”. Propuxeron neste tempo a devolución de Macau a China, mas os chineses querían resolver a situación de Hong Kong antes de Macau. O contrato da devolución de Macau á China foi afirmado no ano [[1987]], e o [[20 de decembro]] de [[1999]] foi fundada a [[rexión administrativa especial]] de Macau, co sistema chinés de “un país, dous sistemas”. Este sistema garante que Macau pode continuar co seu sistema de goberno con moita autonomía, só as relacións exteriores e a defensa son controladas polos chineses.
Liña 71:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Mapa de Macao.png|miniatura|dereita|200px| Mapa de Macau]]
Macau está situado no sueste da China, na provincia [[Guangdongprovincia de Cantón]], na desembocadura do [[Río das Perlas]]. Fica só a 65 quilómetros de Hong Kong doutro lado da desembocadura, habendo barcos de enlace frecuentes entre as cidades. En [[aerobarco]] a viaxe só leva unha hora. As outras cidades importantes da área son [[GuangzhouCantón, China|Cantón]], a capital deda provincia Guangdonghomónima con 7 millóns de persoas e [[Shenzhen]], unha cidade nova e enérxica. Shenzhen é unha [[rexión económica especial]] e unha das cidades máis ricas da China, agora cuns 4 millóns de habitantes.
 
O [[clima]] de Macau é subtropical. A temperatura media anual é de 22 °C, no verán mais de 30 °C e en Inverno 15 °C. A choiva é mais frecuente entre xullo e setembro. Os [[monzón]]s causan mudanzas no clima.