Motor de corrente continua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+cat
Sen resumo de edición
Liña 5:
{{Sen imaxe}}
{{Sen referencias|data=maio de 2014}}
== Introdución ==
 
Os motores eléctricos de corrente continua son convertedores electro-mecánicos rotativos de enerxía que debido ós fenómenos de indución e de par electromagnético, transforman enerxía eléctrica, de natureza continua, en enerxía mecánica.
Liña 13 ⟶ 12:
En xeral, os motores de corrente continua son semellantes na súa construción ós xeradores. De feito poderíanse describir como xeradores que funcionan ó revés.
 
=== Funcionamento ===
O funcionamento de un motor de corrente continua basease na forza que se produce sobre un condutor eléctrico percorrido por unha intensidade de corrente eléctrica segundo a seguinte expresión:
 
Liña 30 ⟶ 29:
Para coñecer a dirección da forza aplícase a regra da man esquerda.
 
=== Estrutura  ===
Estator: Tamén chamada carcasa, culata ou xugo, é a parte fixa que dá soporte mecánico ó aparato. No seu interior, suxeitos mediante parafusos á carcasa e regularmente distribuídos, encóntranse en número par os polos indutores. Nos motores pequenos, estes polos poden ser imáns permanentes. Pero o máis habitual é que estean constituídos por un núcleo ferromagnético cunhas expansións nos seus extremos, arredor do cal hai unhas bobinas, que constitúen o debandado indutor, xeralmente de fío de cobre illado. Estas bobinas, ó ser alimentados por unha corrente continua, xeran un campo indutor da máquina, presentando alternativamente polaridades norte e sur (sempre debe haber un número par de polos).
Nas máquinas de certa potencia encóntranse distribuídos alternativamente entre estes, outros polos auxiliares o de conmutación, macizos e sen expansións, a súa misión é facilitar a conmutación e evitar a xeración de chisporroteo no contacto entre as delgas do colector e as vasoiras.
Liña 42 ⟶ 41:
Entreferro: Chámase así o espazo que hai entre o estator e o rotor, é imprescindible que exista para evitar o rozamento entre ámbolos dous, aínda que debe ser o menor posible, xa que o aire presenta unha elevada relutancia magnética, e se o entreferro fose moi amplo debilitaríase o campo magnético indutor.
 
=== Fases do funcionamento ===
Distínguense varias fases polo que un motor de corrente continua pasa:
 
Liña 52 ⟶ 51:
Funcionamento en réxime nominal: o motor chegou a súa velocidade normal de traballo ó igual que o seu consumo, que diminúe considerablemente comparado ao momento do arranque.
 
=== Estabilidade ===
Despois de acadar o réxime nominal, os parámetros de funcionamento do motor pódense modificar de forma inesperada, debido a perdas de carga, etc. Para que o motor se comporte de modo estable é preciso que responda a estas variacións de modo que trate de anulalas, para recuperar o réxime nominal. De non ser así, dise que o sistema é inestable, é dicir, cando tras producirse unha acción que modifica os parámetros, estes continúan separándose máis e máis dos seus valores nominais.
 
Liña 59 ⟶ 58:
Se as variacións de réxime son no sentido de diminuír a velocidade, un motor estable responde aumentando o seu par motor fronte ó resistente para tratar de corrixir a velocidade e recuperar o réxime nominal de traballo.
 
=== Inversión de xiro ===
O motor pode funcionar en ámbolos dous sentidos de xiro, para o que é necesario intercambiar as conexións dos dous debandados.
 
Liña 66 ⟶ 65:
Se se cambia o sentido de xiro co motor detido, non importa cal sexa o debandado no que se permutan as conexións, pero se o cambio de sentido de xiro se realiza co motor en marcha, é necesario que sexa o debandado inducido o que cambie de conexión, porque se se fixera co bobinado indutor, a máquina quedaría durante un instante sen excitación, o que provocaría o embalamento do motor.
 
=== Tipos de freados  ===
Freado dinámico: faise funcionar o motor como xerador, transformando a enerxía mecánica de rotación en enerxía eléctrica, que pode ser inmediatamente consumida en unhas resistencias conectadas para este fin (freado reostático), ou cedese a rede de alimentación eléctrica (freado rexenerativo).
Freado en contramarcha: precisase inverter o sentido do par electromagnético mentres o motor está en marcha