Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Grecia: presocráticos
Liña 106:
Dentro do marco cultural no que nós nos desenvolvemos (a chamada ''cultura occidental''), algúns filósofos e científicos buscan as raíces da ciencia moderna na época dos antigos gregos, na [[Grecia]] clásica. Eles foron os creadores da ''lóxica dedutiva''. Porén a súa [[filosofía]] natural tiña un defecto moi importante: consideraba innecesaria a comprobación experimental das conclusións. Era, incluso, degradante para o filósofo da época suxerir que as conclusións obtidas nun proceso mental lóxico precisaban seren confirmadas pola comprobación experimental.<ref>Esta maneira de ver as cousas non variaría, substancialmente, até mediados do século XVII, data na que, grazas ás figuras de [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] e [[René Descartes]], os fundamentos experimentais, que son a base da ciencia, chegan a ser filosoficamente respectábeis.</ref>
 
Polo tanto, na chamada ''antigüidade clásica'' a medicina e, sobre todo, a cirurxía, estaba moi pouco desenvolvida. Como quedou dito, as tarefas manuais eran despreciadas polos científicos (filósofos) da saúde, entendiendo a cirurxía como unha aberración do verdaidero tratamento das enfermidades, que viña dado por unha simple axuda á natureza curadora (coa [[dieta]] e a [[fitoterapia]]). Sen embargo, os filósofos denominados [[presocráticopresocráticos]]s son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', 'fisiólogos')<ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', 'natureza'), e λόγος (''lógos'', 'palabra', 'expresión', 'razoamento').</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
[[Ficheiro:Hippocrates rubens.jpg|miniatura|dereita|150px|[[Hipócrates]]. Gravado de [[Peter Paul Rubens]] (1638).]]