Estrutura cuaternaria das proteínas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Hemoglobin.jpg|300px|miniatura|A [[hemoglobina]] é un exemplo de proteína con estrutura cuaternaria, formada por catro subunidades. A forma en que se colocan as subunidades é a estrutura cuaternaria da hemoglobina.]]
 
En [[bioquímica]], a '''estrutura cuaternaria das proteínas''' é a disposición que presentan moitas proteínas pregadas ou enroladas que forman un complexo de múltiples subunidades en estado nativo. Téñena as proteínas oligoméricas ou que forman complexos, que están formadas por varias cadeas polipeptídicas. A disposición adoptada polas distintas cadeas é a estrutura cuaternaria do conxunto. Por tanto, o concepto de estrutura cuaternaria non ten sentido en proteínas formadas por unha soa cadea polipeptídica. Un exemplo de proteína con estrutura cuaternaria é a proteína [[hemoglobina]], formada por catro cadeas polipeptídicas, que son dúas subunidades alfa e dúas beta, dispostas en cadro. Outro exemplo son as [[inmunoglobulina]]s, formadas por catro cadeas, dúas pesadas e dúas lixeiras, dispostas formando un y grego.
 
En xeral, a estrutura cuaternaria dálle á proteína a súa funcionalidade e ás veces proporciona ao complexo un eixe ou punto de simetría, aínda que non é necesario. A principal causa da estabilización das estruturas cuaternarias é a interacción hidrófoba entre [[aminoácido]]s non polares (as partes [[hidrófobo|hidrófobas]] dos monómeros xúntanse de maneira que minimicen a superficie exposta ao solvente), pero tamén pode haber [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]], forzas electrostáticas e [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]].