Estrutura cuaternaria das proteínas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 57:
A estrurura cuaternaria pode ser determinada utilizando varias técnicas experimentais que requiren o exame dunha mostra da proteína en diversas condicións experimentais. Os experimentos a miúdo proporcionan unha estimación da masa da proteína nativa e iso, xunto co coñecemento das masas e estequiometría das subunidades, permite predicir a estrutura cuaternaria do conxunto cunha determinada exactitude. Non sempre é posible obter unha determinación precisa da composición de subunidades.
 
O número de subunidades dun complexo proteico pode xeralmente determinarse medindo o volume molecular hidrodinámico ou masa do complexo intacto, o cal require condicións dana solución nativas. Para as proteínas ''pregadas'', a masa pode inferirse do seu volume utilizando o volume específico parcial de 0,73 mL/g. Porén, as medicións de volume son menos seguras que as medicións de masa, xa que as proteínas ''non pregadas'' parecen ter un volume moito máis grande que as pregadas; cómpren experimentos adicionais para determinar se unha proteína está pregada ou formou un oligómero.
 
==Predición dos atributos da estrutura cuaternaria==