Leonardo Fibonacci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m retiro marcador dos 1000 artigos por ser removido este artigo da lista
Jglamela (conversa | contribucións)
m *alxebraico
Liña 48:
* '''''Flos super solutionibus quarumdam questionum ad numerum et ad geometricam pertinentium''''' (''Acio de solucións de certas cuestións relativas ao número e á xeometría''). Comprende quince problemas de análise determinada e indeterminada de primeiro grao. Dous deses problemas foran propostos como desafío a Leonardo por Xoán de Palermo, matemático da corte do emperador Federico II.
 
* '''''Carta a Teodoro'''''. Misiva que Leonardo enviou a Teodoro, [[astroloxía|astrólogo]] da corte de Federico II, coa resolución de dous problemas. O primeiro é alxebraicoalxébrico, e consiste en atopar obxectos de diferentes proporcións. Estes obxectos levan os nomes de paxaros de diversas especies. [[Paul Ver Eecke]], que traduciu o ''Liber Quadratorum'' ao francés desde o orixinal latino da edición de 1228, opina que puido ser unha cortesía cara a Federico II, que era afeccionado á caza con falcón, prevendo que a súa carta sería levada ao príncipe.<br>O segundo problema é xeométrico-alxebraicoalxébrico. Trátase de inscribir nun [[triángulo isósceles]] un [[pentágono]] equilátero que teña un lado sobre a base do triángulo e outros dous lados sobre os restantes do mesmo. Redúceo a unha [[ecuación de segundo grao]], dando un valor moi aproximado para o lado do pentágono no [[sistema sexaxesimal]].
 
* '''''Liber Quadratorum''''' (''Libro dos números cadrados''). Consta de vinte [[Proposición (lóxica)|proposicións]], non como compilación sistemática das propiedades dos números cadrados, senón como selección das propiedades que levan a resolver un problema de análise indeterminada de segundo grao que lle fora proposto por Teodoro, astrólogo da corte de Federico II.