Diferenzas entre revisións de «Xosé Velo»

arranxiños
(arranxiños)
'''Xosé Velo Mosquera''', nado en [[Celanova]] o [[21 de abril]] de [[1916]] e finado en [[SanSão Paulo]] o [[31 de xaneiro]] de [[1972]], foi un político independentista [[Galiza|galego]], tamén coñecido polo sobrenome de '''Carlos Xunqueira de Ambía'''.
 
==Traxectoria==
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no [[Primeiro Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].
 
Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]] e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' entre o [[22 de xaneiro]] e o [[4 de febreiro]] de [[1961]], que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]], logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de [[SanSão Paulo]].
 
En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.
28.941

edicións