Tesouro de Lima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Tesouro de Lima''' é o nome co que se coñece unha gran cantidade de ouro e xoias roubada polos piratas en Perú en 1821 e supostamente desaparecida. ==Historia== Durant...
 
ligazóns e correccións
Liña 4:
Durante as guerras da descolonización sudamericana, o exército [[España|español]] foi perdendo terreo en diversas frontes. Unha delas era a de [[Perú]], se ben aínda conservaban o poder na capital [[Lima]], naquela altura unha das cidades máis ricas do planeta. Dende alí centralizábase o envío de ouro dende Sudamérica ata a [[metrópole]].
 
En agosto de 1821, o cerco da cidade parece inminente. Polo norte avanza o xeneral [[Simón Bolívar]], polo sur o xenera [[José de San Martín]], que atravesara os [[Andes]] e polo mar, ao leste da cidade, situábase a armada [[Chile|chilena]] comandada polo británico [[Thomas Cochrane|lord Cochrane]]. Ante a inmediatez da perda da cidade o [[vicerrei]] de Perú, así coma o gobernador e mailo [[bispo]] de Lima, decidiron evacuar o tesouro da [[catedral de Lima|catedral]]. Os contidos de semellante tesouro non son comprobábeis facilmente e están suxeitos a unha doada esaxeración. Porén, parece que entre eles se atopaban algúns fragmentos da Cruz de [[Xesucristo]], así como unha estatua, de [[ouro]] macizo e a tamaño natural, dunha [[Virxe María]] co fillo en brazos.
 
Estas riquezas leváronse en burro ata o porto do [[O Callao|Callao]], a oito quilómetros de Lima, e alí encomendáronllos ao comerciante británico [[William Thompson (pirata)|William Thompson]], que lles merecía toda confianza. As ordes eran que se fixera co seu barco, o ''Mary FearDear'' á mar levando o tesouro de Lima, e que agardase a ver o que acontecía na cidade. Se Lima caía, debía poñer proa a [[Panamá]], daquela [[porto franco]]. Se resistía e vencía, debía voltar á cidade.
 
O que sucedeu a partir de agora é unha incógnita: os soldados que custodiaban o tesouro e mais uns frades que os acompañaban resultaron asasinados por toda ou parte da tripulación. Presumíbelmente o capitán poría proa cara a [[Coco (Costa Rica)|Illa do Coco]], onde soterraría o tesouro, voltaría cara a Lima, e queimaría a nave a unhas millas da costa. O dato certo é que regresou sen nave e asegurando que unha treboada fixera naufragar o ''Mary FearDear''. O vicerrei de Perú, [[José de la Serna e Hinojosa]] mandou axustizar a tripulación, e deixou unicamente vivos o capitán e o segundo, para que o conducisen ata onde estaba soterrado o tesouro. Foron á Illa do Coco, pero logo de desembarcaren o capitán e o segundo fuxiron á [[selva]] e deixaron perdidas as tropas españolas. As tropas españolas marcharon e aínda volveron dúas veces á procura dos británicos, sen éxito. Uns meses despois, os dous fuxidos fanse pasar por náufragos e conseguen que un barco, que se detivera alí para repostar auga, os levase cara a terra firme.
 
Máis de vinte anos despois, en [[1845]] un mozo [[canadá|canadense]] chamado [[John Keating]], recibe dun home apelidado Thompson as indicacións para atopar o Tesouro de Lima. Keating debuxa as notas dun esmorrente Thompson e crea o primeiro orixinal do mapa do tesouro. Meses despois, consegue fletar un iate co seu socio, chamado Bogue, e logo de dobrar o [[Cabo de Horn]] chega á Illa do Coco. Nunca se saberá qué pasou despois: de Bogue, certamente, non houbo máis noticia, e de Keating non se sabedescoñécese se atopou ou non o Tesouro de Lima, pero si que lle confiou o mapa, ou algunha versión do mapa, a distintos parentes. A partir de aí comezan a aparecer distintas variacións do mapa do tesouro. As distintas expedicións posteriores á illa, incluída a de [[August GlisserGissler]], quen chegou a vivir nela practicamente só durante 17 anos nela, non atoparon nada.
 
O tesouro segue, a estas alturas, formalmente desaparecido.