Arena da Baixada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Coordenadas|30|03|56.21|S|51|14|9.91|W|display=title}} {{Estadio |nome = Estádio Joaquim Américo Guimarães<br><small>Arena da Baixada</small> |alcume = Caldeirão do Diabo |i..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de maio de 2014 ás 12:13

Coordenadas: 30°03′56.21″S 51°14′9.91″O / -30.0656139, -51.2360861

O Estádio Joaquim Américo Guimarães é o estadio de fútbol do Clube Atlético Paranaense (CAP), localizado en Curitiba, capital do Estado do Paraná, Brasil. Coñecido como Arena da Baixada, o espazo foi o primeiro lugar do fútbol brasileiro a adoptar o nome patrocinado con o título de Kyocera Arena entre 2005 e 1 de abril de 2008. Coa escolla de Curitiba para ser unha das sedes da Copa do Mundo de 2014, o estadio foi reformado entre 2012 e 2014, ampliando a súa capacidade aos padróns esixidos pola FIFA e pasando a ter mais de 43.000 lugares.[1]

Estádio Joaquim Américo Guimarães
Arena da Baixada
Ficheiro:Arenadabaixada.jpg
Datos
Localización Curitiba, Paraná
Brasil
AlcumeCaldeirão do Diabo
Construción
Inauguración6 de setembro de 1914
Renovación20 de xuño de 1999
14 de maio de 2014
CustoR$ 326 millóns (reforma de 2014)
Estadio
SuperficieBermuda Tifway 419
Dimensións105 × 68
Capacidade43.981
Asist. máxima31.000 (16/12 de 2001)
Paranaense 4-2 São Caetano
Prim. partidoInternacional-PR 1-7 Flamengo
PropietarioClube Atlético Paranaense
LocalíaClube Atlético Paranaense
Eventos
Mundial de Fútbol Brasil 2014

Localizado no bairro do Água Verde, ten como punto diferencial a súa localización, próxima ao centro da capital paranaense. A história do estádio do Atlético comezou a comezos do século XX, cando en 1914, Joaquim Américo Guimarães, entón presidente do Internacional (club que orixinaría o Clube Atlético Paranaense), mandou a construción do estadio Baixada da Água Verde. O Atlético xurdiu dez anos despois, herdando o patrimonio e bautizando o estadio co nome do principal responsábel da súa edificación.

Notas