Diferenzas entre revisións de «Museo do Mar de Galicia»

Engadin texto e ligazons
(→‎O Museo: texto)
(Engadin texto e ligazons)
 
No edificio do Acuario hai unha pequena mostra da fauna que habita a [[Ría de Vigo]], dende a costa ata as [[Illas Cíes]], entre outras especies, varias pintaroxas, douradas, rubios, lenguados...
 
==Oferta cultural==
O Museo, conta cunha extensa oferta cultural, que se basea principalmente en actividades ofertadas a colexios e familias.
 
Os visitantes poden participar nunha serie de talleres didácticos orientados cara nenos e pais, así como visitas escolares e asociacións. Estes, poden comprender diferentes temáticas, que abarcan dende "O naturalista do s. XIX" ata a "Cultura Mariñeira de Galicia".
 
Aparte de estes talleres, os visitantes poden asistir en datas sinaladas a eventos como a alimentación dos peixes do Acuario, ou a actividades realizadas exclusivamente para exposicións temporais, como pases guiados ou talleres especiais.
 
Aparte, o propio Museo participa nunha serie de actividades de investigación como [["A memoria do mar"]], o proxecto [["Neuston"]] ou o [["Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia"]].
 
Estas actividades poden solicitarse chamando o Museo de Martes a Venres. Tamén existe a opción de que os visitantes deixen o seu correo electrónico enchendo unha ficha en recepción, e todas estas ofertas e actividades lle serán remitidas.
 
==Centros Relacionados==
O Museo ademáis coordina o "Centro Arqueolóxico de Salinae", que alberga os restos dunha salina romana, xunto con un centro de interpretación de reducido tamaño, que nos relata brevemente o papel da sal en [[Roma]] e as características do xacemento.
 
==Galería de imaxes==
28

edicións