Abrir o menú principal

Cambios

A [[cocaína]] e [[anfetamina]] inflúen de distinta maneir sobre os mecanismos neuronais. A [[cocaína]] é un bloqueador do transportador da dopamina que inhibe competitivamente a recaptación da dopamina para aumentar o período de vida da dopamina e producir unha sobreabundancia de dopamina (un aumento de ata o 150%).
 
Igual que a [[cocaína]], as [[anfetaminas]] incrementan a concentración de dopamina no espazo [sináptico], pero por medio dun mecanismo distinto. As [[anfetaminas]] teñen unha estrutura similar á dopamina e poden, por tanto, penetrar no [[botón terminal]] da [[neurona presináptica]] utilizando os seus transportadores de dopamina, e tamén difundíndose directamente. Ao entrar na neurona presináptica, as [[anfetamina]]s forzan as moléculas de dopamina a saíren da súa [[vesícula]] de almacenamento e expúlsanas ao espazo sináptico facendo funcionar á inversa os transportadores de dopamina.
 
O papel da dopamina na experiencia do pracer foi cuestionado por varios investigadores. Argumentouse que a dopamina está máis asociada ao desexo anticipatorio e a motivación por oposición ao pracer consumatorio real.
172.823

edicións