Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

sen resumo de edición
{{Coordenadas|42|44|29|N|08|16|05|W|display=title}}
{{Templo
| imaxe = Igrexa de San Pedro de Ansemil.JPG
| pé = Fachada da igrexa e capela.
| px = 300px
| ubicación =
| diocese =
| medidas =
}}
[[Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Ansemil.JPG|miniatura|dereita|400px|Fachada da igrexa e capela.]]
 
'''San Pedro de Ansemil''' é a igrexa parroquial de [[Ansemil, Silleda|Ansemil]], no concello de [[Silleda]]. Conforma o conxunto unha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[arquitectura románica|románica]] de planta basilical con tres naves e tres [[ábsida]]s, á que se lle uniu unha capela [[arquitectura gótica|gótica]] que serviu para soterrar os cadaleitos da familia dos [[condes de Deza]].
 
==Historia==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil. Capela dos Deza fachada.JPG|miniatura|esquerda|250px|Fachada gótica da Capela dos Deza.]]
 
É todo o que se conserva dun [[mosteiro]] [[Idade Media|medieval]] de monxas bieitas de bastante importancia na comarca, e veciño do [[Mosteiro de Carboeiro]].
 
 
==Descrición==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Fachada occidental.JPG|miniatura|dereita|210px|Fachada occidental.]]
 
Na actualidade consérvanse dúas construcións: unha igrexa románica e acaroada ao seu muro sur unha capela gótica. A primeira foi o resultado da reforma dunha construción anterior prerrománica, e debeu rematarse arredor do ano [[1171]].
 
====As ábsidas====
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Ventana.JPG|miniatura|esquerda|180px|Vano gótico da capela.]]
 
A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e dobrado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco triunfal.
 
===Exterior===
Exteriormente non semella que o templo estea composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|miniatura|esquerda|225px|Capitel esquerdo da fachada occidental.]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel2.JPG|miniatura|dereita|225px|Capitel dereito da fachada occidental.]]
A '''fachada occidental''' é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do [[século XX]]<ref>Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadana de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha seteira.</ref>. A ámbolos lados da porta ábrense dúas seteiras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de [[Afonso III de Asturias|Afonso III]], elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con [[basa]]s áticas con algunhas alteracións, [[fuste]]s monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con [[borceguí]] sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man no muslo e outra nos xenitais.
 
 
==A Capela funeraria dos Deza==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza timpano.JPG|miniatura|esquerda|200px|Agnus Dei.]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Virxe co neno.JPG|miniatura|dereita|130px|Virxe co neno.]]
A dereita da igrexa e unida a ela a través dun arco apuntado atópase a coñecida como [[Capela señorial dos Deza]], obra gótica do [[século XIV]] chamada así por conservarse nela o sepulcro de [[Diego Gómez de Deza]] do ano [[1341]].
 
{{AP|Galería de imaxes da Igrexa de San Pedro de Ansemil}}
===Canzorros===
{{Galería
<Gallery>
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro1.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro2.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro3.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro4.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro6.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 7.JPG|
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 9.JPG|
}}
</Gallery>
 
==Notas==
{{Listaref|12}}
 
==Véxase tamén==
177.982

edicións