Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: "cs:Program Apollo" é un artigo bo; cambios estética |
mSen resumo de edición |
||
Liña 17:
Amais dos 11 motores principais (dos que 10 -5 na primeira etapa e 5 na segunda- son do modelo F-1, namentres que o da terceira etapa era un J-2) que serven para propulsa-lo ten outros 30 motores auxiliares, para a súa estabilización, separación de etapas, etc. Durante o proceso de despegue do Saturn V calcúlase que o 5 % da potencia dos motores se converte en enerxía acústica. Así, nada menos que o equivalente de 200.000 kw vanse no ruído. Os F-1 dispuñan dunha altura de 5,5 metros, un diámetro de 3,8 metros que chegaba a 4,30 metros na tobeira, cun peso de 9,1 toneladas e a súa forza de empuxe de 771 toneladas; cun impulso de 260 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 790 kg/s de queroseno como combustible con 1.790 kg/s de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 68 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.900 [[ºC]]. O seu tempo de funcionamento máximo era de 150 segundos. Mentres que o motor da terceira etapa, un J-2 dispuña dunha altura de 3,4 metros, un diámetro de 2 metros que chegaba a 1,95 metros na tobeira. O seu peso viña sendo de 1,6 toneladas e a súa forza de empuxe de 102 toneladas; cun impulso de 424 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 37 quilos/segundo de hidróxeno como combustible con 204 quilos/segundo de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 54 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.178 °C. O seu tempo de funcionamento máximo era de 140 segundos reducíndose a 360 segundos despois.
A primeira vez que o módulo luar do Apollo viaxou ó espazo foi en marzo [[1969]], cando os astronautas do Apollo 9 practicaron nunha órbita terrestre as futuras operacións do aluaxe: a acoplaxe, a desacoplaxe e a propulsión do módulo lunar. Dous meses despois o Apollo 10 voou até a Lúa e o módulo descendeu até situarse a 8 km da superficie. O único que non se fixo nesta misión foi aluar.
== Misións ==
Liña 32:
=== Apollo 1. Saturn V. AS-204 ===
[[Ficheiro:
{{AP|Apollo 1}}
Os inicios do programa Apollo foron tráxicos. Na tarde do venres [[27 de xaneiro]] de [[1967]] o Apollo 1, que debía se-lo primeiro da serie, foi vítima dun incendio ó saltar unha faísca mentres os astronautas Virgil "Gus" Grissom (o primeiro astronauta en viaxar nas tres misións, Mercury, Geminis e Apollo), Edward White e Roger Chaffee probaban os sistemas do módulo de mando da nave. A atmosfera da cápsula era de osíxeno puro, un gas moi inflamable. O lume estendeuse rapidamente e os astronautas morreron sen posibilidade de escape. Despois daquela catástrofe, modificouse o deseño da nave Apollo para evitar outro accidente similar e engadiuse unha saída de emerxencia.
Liña 91:
=== Apollo 11. Saturn V. AS-506 ===
{{AP|Apollo 11}}
[[Ficheiro:
A nave Apollo 11 despegou ás 9:32:00 do mércores [[16 de xullo]] de 1969, dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy en [[Florida]]. Unha vez na órbita lunar, (de 186 por 183 km) Edwin E. Aldrin (piloto do CSM) e [[Neil Armstrong|Neil A. Armstrong]] (comandante) trasladáronse ó módulo lunar. Michael Collins (piloto do módulo lunar) permaneceu na órbita lunar pilotando o módulo de control despois da separación, e apoiando as manobras do módulo lunar. Este último descendeu á Lúa e pousouse sobre a súa superficie o 20 de xullo, no [[mar da Tranquilidade]] (71º N e 23º 38' E), enviouse a seguinte mensaxe a Terra ''“Houston, aquí Base Tranquilidade. A Aguia aluou”''. Horas máis tarde, Armstrong descendeu por unha escaleiriña co seu traxe espacial e puxo o seu pé sobre a [[Lúa]]. As súas primeiras palabras foron ''"este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade"''. Pronto seguiulle Aldrin e ambos os dous astronautas camiñaron durante máis de dúas horas pola Lúa. As tarefas de carácter científico máis importantes realizadas durante as misións foron a recollida de 21 kg de mostras do solo, toma fotografías e colocación dun artefacto para detectar e medi-lo vento solar, un reflector de raios láser e un [[sismógrafo]]. Armstrong e Aldrin cravaron no solo a [[bandeira dos Estados Unidos]] e falaron por radio co presidente [[Richard Nixon|Richard M. Nixon]] na [[Casa Branca]].
|