A Cancela Abrea, Dodro, Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''A Cancela Abrea''' no concello de [[Dodro]] é un asentamento relativamente recente; a primeira casa comezouse a construír no ano 1958 no lugar onde había unha [[carballeira]]. A carbabeira comezouse a arrancar o ano anterior. A aldea tomou o nome dese lugar. Os primeiros habitantes da Cancela Abrea eran xente que procedía da aldea veciña de [[Revixós, Dodro, Dodro|Revixós]].
 
Na Cancela Abrea, que está próxima á Calzada, en Dodro, á beira da [[estrada]], hai constancia de que acampaban os seus carromatos os verdes [[cigano]]s<ref name="CaancelaAbrea">[[Manuel Lorenzo Baleirón]]: [http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226 "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga", en pdf], páxina 75.</ref> durante a primeira metade do [[século XX]].
 
== Etimoloxía ==
* '''Cancela''': do latín ''cancelli''; canceleira, celosía.
 
* '''Abrea''': a traves da palabra latina ''vereda''; verea, sendeiro, camiño<ref name="Brea">[[Fernando Cabeza Quiles]]: [http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/502/1/Sobre%20o%20toponimo%20brea.pdf "Sobre o topónimo Brea", en pdf], "...ó cal se refire o topónimo, a saber: antigas vereas, isto é camiños..."</ref><ref name="Abrea">J. Trapero Pardo: ''‹‹A Brea›› en la Toponimia Lucense'', "...parece deducirse que brea equivale a verea ou camiño público (...) o topónimo correspondese con (...) lugares onde existiu, ou existen aínda restos dunha calzada..."</ref>, que á súa vez procede da palabra céltica ''veredu''.
 
A Cancela Abrea é cancela da verea, do camiño, ''vereda'' en latín, do galo ''veredu''; "cabalo de posta". É nome case sempre asociado á rede viaria romana ou medieval e designaba o camiño público polo que circulaban as postas ou "veredi". No ''Vocabulario'' de [[José Santiago Crespo Pozo]] brea é "camiño real antigo"<ref name="CaancelaAbrea">[[Manuel Lorenzo Baleirón]]: [http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226 "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga"].</ref>.