Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Fusión|club}}
[[Ficheiro:New York Y C 2008.jpg|miniatura|dereita|Sé do club de [[iate]]s de [[Nova York]]]]
Un '''club''' (do [[lingua inglesa|inglés]] ''club'') é unha asociación de dúas ou máis persoas unidas por intereses comúns ou un mesmo [[obxectivo]]. Debido a esta definición tan ampla existen un variado tipo de clubs dedicados a diferentes actividades como as deportivas, as literarias, filantrópicas, artísticas, políticas, gastronómicas, etc.
Denomínase '''club''' a un grupo de persoas libremente asociadas, ou [[sociedade]], que reúne a un número variábel de individuos que adoitan coincidir nos seus gustos e opinións artísticas, literarias, políticas, deportivos, ou simplemente nos seus desexos de relación social.
 
== Características ==
Os fins e [[actividade]]s dos clubs son moi diversos e dependen do motivo polo que as persoas se asociasen: realización de actividades deportivas, [[intercambio]]s de ideas, debates culturais, organización de actividades a favor de terceiros, actividades formativas e informativas en beneficio propio, etc.
O desexo de unión ou asociación dos humanos en base a determinados intereses en común vén de antigo. Xa nas civilizacións antigas de [[Roma]] ou [[Grecia]] existían asociacións que poden ser consideradas antecedentes dos clubs de hoxe en día, porén, o concepto actual de club naceu en [[Inglaterra]]. Os clubs máis antigos datan aproximadamente do [[século XVII]] e non pasaban de reunións informais e periódicas de amigos co obxecto de xantar e beber xuntos. Coa [[Colonialismo|expansión colonial]] inglesa os clubs expandíronse dentro de toda a area anglófona e xa posteriormente tamén se comezaron a formar clubs noutras realidades culturais.
 
[[Categoría:Organizacións]]
 
[[kk:Клуб]]